>

19xuñ20:00`Máis Alto que o Ceo´: Manolo CortésESPECTÁCULOS | De balde20:00(GMT+02:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Detalles do eventos

O festival de poesía e oralidade Máis Alto que o Ceo continúa cunha nova sesión en Évame Oroza. Este venres 19 de xuño, ás 20:00 horas, Manuel Cortés presentará O último home, unha proposta que mestura teatro, poesía e humor para reflexionar sobre a relación do ser humano co mundo que habita.

Nesta segunda cita de Máis Alto que o Ceo, Manuel Cortés achega O último home, unha peza definida polo propio autor como unha “comedia teatral a modo de recital poético, e viceversa”. Unha comedia poética, un artefacto cómico-poético-teatral para un home actor/rapsoda coa ambientación sonora creada por Rus.

A obra parte dunha hipótese: que unha soa persoa sobreviva ao resto da humanidade. Pero faino afastándose do dramatismo e apostando polo humor. O último home presenta esta situación “sen traumas, sen alarmas e con
humor”, para poñer o foco nunha contradición: que, tendo todo a favor para gozar do mundo, sexamos capaces de destruílo sen reparar en que nós tamén formamos parte del.

Estreada en Vigo en 2025, a peza combina palabra, interpretación e música nunha proposta escénica que invita á reflexión desde unha mirada irónica e poética. A música que acompaña o espectáculo foi creada por Rus, DJ e ambientadora
sonora da peza. Nesta ocasión, a súa creación estará presente durante a representación, aínda que ela non participe fisicamente na escena.

Hora

19 xuño, 2026 20:00(GMT+02:00)

Localización

Asociación Cultural Évame Oroza

Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events