CONCERTOS CASTRELOS
DIA DE GALICIA

Máis alto que o ceo: Ledicia Costas e María Lado

05xul20:00Máis alto que o ceo: Ledicia Costas e María LadoFESTIVAIS E FEIRAS | De balde20:00(GMT+02:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Detalles do eventos

A asociación Évame Oroza organizou o festival Máis Alto que o Ceo, un verso que toman prestado de Carlos Oroza, para dar abrigo a diversas voces da poesía galega actual que destacan pola súa vinculación coa oralidade.

Durante seis sesións, ao longo de xuño e xullo, a Asociación acollere propostas variadas que inclúen o concerto da banda Moloch e os recitais de Nuria Vil, Lúa Mosquetera, Marina Oroza, Ledicia Costas, María Lado, Estíbaliz Espinosa e Celso Fernández Sanmartín.

O venres 5 de xullo celebrarase a terceira xornada do festival da poesía e a oralidade Máis Alto que o Ceo, nunha sesión na que poderemos escoitar a Ledicia Costas e María Lado. A entrada é de balde e, se o tempo se mantén, a sesión desenvolverase no exterior, na fermosa Praza do Abanico.

Nesta cita, que será ás 20:30 horas, poderemos escoitar os versos de Ledicia Costas e María Lado. Ambas as dúas escritoras volven ler xuntas despois de moitos anos, dende a desaparición do colectivo Poetas da Hostia, no que as dúas compartían escenario con outras poetas da súa xeración. Un reencontro que será unha celebración da poesía, da palabra falada e tamén da amizade.

Programación
(todos os eventos ás 20:00, de balde)

14/6 Nuria Vil + Lúa Mosquetera
28/6 Resonancia: Marina Oroza
5/7 Ledicia Costas + María Lado
12/7 Estíbaliz Espinosa
19/7 Celso Fernández Sanmartín
26/7 Moloch

Máis

Hora

5 xullo, 2024 20:00(GMT+02:00)

Localización

Asociación Cultural Évame Oroza

Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events