CASTRELOS 25

04xul20:00MÁIS ALTO QUE O CEO: IRIA PINHEIRO E MÓNICA DE NUTFESTIVAIS E FEIRAS | De balde20:00(GMT+02:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Detalles do eventos

Unha vez máis, a segunda edición do Festival de Poesía e Oralidade Máis Alto que o Ceo reúne a algunhas das voces máis significativas e singulares da poesía galega. Este ano, conta con seis sesións que se desenvolverán ao longo dos meses de xuño e xullo. Este proxecto, que naceu o pasado ano 2024 e contou cunha moi boa acollida, xurdiu coa intención de poñer en valor a potencia e calidade da literatura galega e, en especial, do xénero lírico, recoñecido máis aló das nosas fronteiras.

Na terceira sesión, Iria Pinheiro e Mónica de Nut traen a proposta de poesía escénica Kennebec. Trátase dun concerto experimental que une a música electrónica de Mónica de Nut coa potente presenza en escena e os versos de Iria Pinheiro. No mesmo, reflexionan como artistas, mulleres e nais que viven no rural, nunha viaxe inusual e cautivadora que achega novas formas de entender a palabra, a creación e os seus límites.

A actriz Iria Pinheiro desenvolve a súa actividade profesional no audiovisual, nas artes escénicas e na música. Destaca no eido do cabaret onde foi compositora e guionista para espectáculos propios e alleos. Desde o ano 2009, investiga as posibilidades da poesía escénica. Escribe teatro e poesía.

Mónica de Nut canta ópera, jazz, música de raíz e música experimental, que mestura coa interpretación teatral e a danza contemporánea. Froito da súa formación e experiencia, o seu xeito de cantar caracterízase pola creatividade, o eclecticismo, a experimentación e a interacción con outras artes escénicas.

Máis

Hora

4 xullo, 2025 20:00(GMT+02:00)

Localización

Asociación Cultural Évame Oroza

Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events