
Detalles do eventos
Unha vez máis, a segunda edición do Festival de Poesía e Oralidade Máis Alto que o Ceo reúne a algunhas das voces máis significativas e
Detalles do eventos
Unha vez máis, a segunda edición do Festival de Poesía e Oralidade Máis Alto que o Ceo reúne a algunhas das voces máis significativas e singulares da poesía galega. Este ano, conta con seis sesións que se desenvolverán ao longo dos meses de xuño e xullo. Este proxecto, que naceu o pasado ano 2024 e contou cunha moi boa acollida, xurdiu coa intención de poñer en valor a potencia e calidade da literatura galega e, en especial, do xénero lírico, recoñecido máis aló das nosas fronteiras.
Na primeira sesión, a poeta e performer, Helena Salgueiro, trae a intervención Ferro Federici, un formato entre recital e conferencia performativa onde o corpo pon en acción as teses de Silvia Federici e as teorías marxistas feministas da reprodución social.
Helena Salgueiro, nada no 1995, é performer, directora escénica, poeta, dramaturga e investigadora. A súa paixón pola intermedialidade lévaa a estudar literatura e lingüística, teoría e crítica literarias, danza, dramaturxia, música, violín e teatro físico en universidades, conservatorios, escolas de danza e cursos de compañías de teatro entre Galiza, Francia, Escocia, Dinamarca e Polonia.
O seu traballo focalízase na performatividade do corpo a través do movemento e a linguaxe, flutuando entre creacións máis escénicas, escritura e performance art. Ten amosado os seus proxectos artísticos en Galiza, Portugal, Suecia, Reino Unido e Arabia Saudí, en espazos como o Dance Base (UK) ou o Festival Contradança (Portugal). Inicia a andadura da súa propia compañía no 2022, na que dirixe e actúa, estreando a coprodución co Centro Dramático Galego e o Festival Internacional de Teatro do Alentejo de Come & Go.
Máis
Hora
20 xuño, 2025 20:00(GMT+02:00)
Localización
Asociación Cultural Évame Oroza
Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualxullo
- Mes actual