BIBOPALULA

23mai22:00MAINLINE MAGIC ORCHESTRAESPECTÁCULOS | Desde 18,00 €22:00(GMT+02:00) Mondo Club

Detalles do eventos

Os cataláns Mainline Magic Orchestra chegan a Vigo para presentar o seu novo show. Unha experiencia que combina a mellor música de baile cunha presenza escénica e un universo visual marca da boy band de música electrónica por excelencia. Nile Fee, Daniel 2000 e John Heaven son tres amigos de toda a vida que se uniron en 2020 para formar unha nova banda, levando a outro nivel os seus proxectos individuais como produtores e DJ’s. Son tan coñecidos pola súa música como polo seu universo visual surrealista e excéntrico. A súa música foi lanzada polo recoñecido selo de Múnic, Public Possession, así como por Primavera Labels, o selo discográfico de Primavera Sound.

Nos últimos dous anos realizaron xiras por Europa (España, Francia, Italia, Países Baixos, Lituania, Portugal, Alemaña, Chipre…). A súa música tocárona e admirárona Djs e artistas como Indira Paganotto, Nina Kraviz, Partiboi69, VTSS, Myd, Barry Can’t Swim, Kettama, Gerd Janson ou Eden Burns, entre outros.

Algunhas das súas actuacións máis destacadas foron Sónar 2024, Boiler Room Barcelona 2021, Nuits Sonores 2022, Primavera Sound 2022, e o 10º aniversario de Public Possession en Múnic en 2023.

Este concerto forma parte da programación especial do 17 aniversario de Mondo Club, que vén celebrando ao longo de todo este mes de maio.

ENTRADAS AQUÍ

Máis

Hora

23 maio, 2025 22:00(GMT+02:00)

Localización

Mondo Club

Rúa de Joaquín Loriga, 3, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events