Magosto popular – A Movida

novembro, 2018

16nov18:00Magosto popularFESTA | De balde18:00 Praza Eugenio Fadrique

Máis

Detalles do evento

Debido ás prediccións meteorolóxicas, o magosto que ía ser o venres 9 de novembro, foi aprazado para o venres 16. Esta é a nota que envian desde Asociación Sociocultural As da Industria:

 

“Comprácenos seguir tecendo redes con colectivos que apoian o galego. Neste caso contaremos a partir das sete coa banda tradicional da Revolta para animar a nosa festa.

Versións en galego dos grandes clásicos do blues e espectaculares temas propios. Boa música e moita diversión. Concertazo a partir das oito da tarde para pechar a festa con Blues do País!

Ven picar as castañas con nós o serán do xoves ou bótanos unha man a asalas e/ou despachalas o venres.

Estamos comezando humildemente a preparar a nosa maleta de xogos populares para usar nas nosas celebracións, que compartiremos coas crianzas presentes. Queredes sorprendernos coas vosas creacións? Se tedes feito algún xoguete a partir de materiais reutilizados, ou se vos apetece atrevervos nos próximos días, estaremos encantadas de probalo o venres. Retiraremos os xogos cara ás sete da tarde para deixar o protagonismo e atención que merecen os músicos. 

Sabías que está será a sexta mesa das crianzas nas nosas festas? E que os cartos que recadamos nas anteriores servíronnos para programar no barrio actividades infantís en galego que foron escollidas pola comisión infantil da asociación. 

a temos o calacú preparado para repetir a queimada para todas as persoas que facemos posible este magosto. Desde as que levan semanas traballando nas preparacións ata a voluntaria que fai un dos turnos da barra o venres.

Encontrarémonos ao remate para celebrar que unha vez máis somos quen de facer por nós mesmas as festas populares que queremos ter no noso barrio.”

Hora

(Venres) 18:00

Lugar

Praza Eugenio Fadrique

Plaza Eugenio Fadrique 36208 Vigo Pontevedra

X