Maestro – A Movida

novembro, 2018

23nov22:30MaestroCONCERTO | De balde22:30 De catro a catro

Máis

Detalles do evento

Maestro estará o vindeiro venres 23 de novembro no Café de Catro a Catro de Vigo. O concerto comezará a partir das 22:30 h e o prezo do mismo será determinado polo propio público ao final da actuación mediante o sistema de Taquilla Inversa.

Maestro é un grupo de música indie-pop/rock. Os integrantes actuais da banda son: Fonso (cantante e guitarra acústica), Romero (guitarra eléctrica), Chema (batería) e Jalp (baixo). Maestro naceu da man de dous mozos de Muros no 2013. Romero e Fonso tomaban as súas guitarras acústicas para dar máis de 40 concertos por todo Galicia. Neste momento utilizaban o nome de “Maestro Romero”. Tras 4 anos tocando versións en acústico decidiron, en 2017, que era hora de dar o salto ao formato banda. Neste momento nace “Maestro”. Tras pasar polo estudo coruñés The Magical Mystery Room, o cal dirixe Celso F. Madriñán, sacan á luz o seu primeiro EP chamado “Cuando Dije que lo Haría”. Actualmente, Maestro atópase na súa primeira xira coseu novo disco: #FuentesTour. Tocaron en sitios como A Fábrica de Chocolate (Vigo) , Sala Sónar e Sala Moon (Santiago), a Pousada das Ánimas (Boiro), Pub Gatos (Melide) ou o Festival das Carrilanas (Esteiro) onde o público entregouse a eles e recibiron con moitas ganas este novo traballo.

Hora

(Venres) 22:30

Lugar

De catro a catro

36211, Rúa de Gerona, 16, 36211 Vigo, Pontevedra

X