VIALIA
KIKIMORENTE

Macarena War propón facer unha batalla de tríos... de baile

22mar23:59Macarena War propón facer unha batalla de tríos... de baileESPECTÁCULOS | Desde 5,00 €23:59(GMT+01:00) Mondo Club

Detalles do eventos

O próximo 22 de marzo celébrase en Mondo Club a décima edición da batalla de baile na que todo o mundo pode participar, xa que se trata dunha batalla convertida en festa onde persoas amantes do baile e bailaríns únense para crear unha noite máxica. A temática é 90 ́s 00 ́s, polo que podes ir co outfit máis noventero e dousmilero que teñas!

O obxectivo desta batalla é pasalo ben, e para iso nesta edición optan por facer un 3vs3 allstyles. Cada trío está formado por dúas persoas bailongas (individuo que lle encanta bailar na súa casa, na discoteca ou en calquera ocasión onde a música estea prensente ou non) e un bailarín. Os tríos pódense traer feitos, pero tamén existe a posibilidade de inscribirse de maneira individual a propia noite do evento e, de xeito aleatorio, antes de comezar as batallas faranse os grupos.

Unha vez os grupos estean os feitos, darase comezo ás batallas ata chegar ao trío gañador. Cada persoa bailonga gañadora recibirá un mes de aulas gratis en Caixa de Ritmos do estilo que queira, e para a persoa bailarina gañadora, haberá unha gran sorpresa.

MC @highpawgz
DJ @mustafaneca 

O xurado está formado pola parella gañadora da anterior edición @lu.ko.ala x @buda_centrocampista xunto a xuíza invitada @nereasf.

Máis

Hora

22 marzo, 2025 23:59(GMT+01:00)

Localización

Mondo Club

Rúa de Joaquín Loriga, 3, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events