M.U.G.R.E. vs INN OPPIAH!

26xuñ12:0020:00M.U.G.R.E. vs INN OPPIAH!CONCERTOS | Desde 4,00€12:00 - 20:00(GMT+02:00) Bonus Track

Detalles do eventos

Loita Underground e Frenopatiko presentan o split MCD “Fronte A Fronte” con Mercadiño e Concerto:
M.U.G.R.E. vs INN OPPIAH!Sábado 26 de Xuño de 2021.
Bonus Track [Pi y Margall, interior, 1. Vigo]
HORARIO PUNTUAL:12:00h: Mercadiño Loita Underground15:00h -16:30h: Parada para xantar.16:30h: Apertura de Portas.17:00h: M.U.G.R.E.18:00h: INN OPPIAH!19:00-23:00 Sesión DJs:
Electroparia e Txomy JonesEntrada anticipada 4€ / billeteira 5€.Entradas disponíbeis en Bonus Track e loitaunderground.diy@gmail.com até completar aforo.

Xa disponíbel en Loita Underground o MCD Split de Inn Oppiah! e M.U.G.R.E. “Fronte a Fronte”.
Abre este Split Inn Oppiah! con 4 temazos de Punk cargado de crítica social e segue M.U.G.R.E. con 6 temas de Grind con moita troula e mala oxtia. 10 temas que farán as delicias dos vosos oídos deixando unha pegada imborrábel nos vosos cerebros!!
Inn Oppiah! é o proxecto dun músico de Pontevedra dende 2008.
Todo feito por unha soa persoa: composicións, publicacións, deseños até o asalto ao esceario.
Sendo apenas ún apáñase con baterías e sintetizadores programados, guitarra eléctrica e un voceirón que fai saltar as pedras da estrada, ofrecendo un punk rock innovador con temas cargados de introspección e letras que viaxan alén da sociedade apelando á reflexión e á necesidade de actuar.
Aliás os discos que grava, produce e publica pola súa conta participou en compilados lanzados na Galiza, Estado español, Portugal, Chile, Arxentina ou Costa Rica.
Tamén en innumerábeis concertos en Galiza e Portugal, onde compartiu cartaz con bandas coma Gatillazo, Mamá Ladilla, Manifa, Mata-Ratos, Simbiose, Sartenazo Cerebral, Tiro Na Testa, e un longuísimo etcétera.
Temas propios, compromiso, raiba e autoxestión.
http://www.innoppiah.com
M.U.G.R.E. aka Makinas Umanas Generan Rencor Emocional é unha One Man Band afincada en Vigo que xurde en 2015 no Pub Frenopatiko. Conta con colaboracións en compilados coma o Sick Music to tour Guts e Tan Real como el Puto Infierno. Death/Grind con letras escasas pero cargadas de protesta, raiba e mala oxtia. Este cuarto split foi composto e gravado no confinamento forzoso causado pola infección da merda do covid durante o mes de Xaneiro de 2021.

Máis

Hora

(Sábado) 12:00 - 20:00(GMT+02:00)

Localización

Bonus Track

Rúa Llorente 31, 36202 Vigo

Other Events