REVISTA ABRIL

Festival TerraCeo: M Clan

26xul20:30Festival TerraCeo: M ClanCONCERTOS | Entradas esgotadas 20:30(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

O Festival TerraCeo fará chegar a Vigo, completando a súa programación do mes de xullo, un dos grupos máis celebrados da música española nos últimos anos. Trátase de M Clan. Compartirán co público do Mar de Vigo una velada fronte ás Cíes o próximo 26 de xullo.

Carlos Tarque e Ricardo Ruipérez preséntanse a soas, sen a compañía de a súa habitual banda para repasar temas seleccionados de todo o seu repertorio en formato acústico. Unha ocasión especial, e unha situación excepcional, para escoitar os seus clásicos reinterpretados cun matiz diferente.

O concerto de MClan vén completar unha programación que está a ser moi ben recibida. Artistas como Os Segredos, Andrés Suárez, Pablo López, Amaral, Coque Malla ou Luís Zahera, Carlos Sadness e Love of Lesbian xa colgaron o cartel de non hai entradas. Cun aforo máximo de 400 prazas distribuídas mantendo as distancias entre os 2.000 metros cadrados de azotea do Mar de Vigo, as noites de TerraCeo están pensadas como veladas ao aire libre para gozar da compañía, a música e a paisaxe.

As entradas estarán á venda en Ataquilla. com desde as 14 h do martes 30 de xuño neste enlace.

Máis

Hora

(Domingo) 20:30(GMT+02:00)