REVISTA ABRIL

15mar21:30Lunamotos CONCERTOS | 8,00€21:30(GMT+01:00) El Contrabajo

Detalles do eventos

Lunamotos é unha banda de punk garage formada en Cedeira, un coñecido pobo pesqueiro do norte da provincia da Coruña onde conviven percebes e punk rock desde hai máis de 30 anos e onde se celebrou o mítico Festimal, un clásico e, por desgraza xa extinto festival da escena punk rock estatal.

A historia da formación de Lunamotos non difire demasiado da xa coñecida: catro amigos reúnense para tocar a música que lles gusta (e tamén para beber cervexa). Iso sucedeu a finais de 2021. A formación é a clásica dunha banda de garage: Dani ao baixo, Camilo á batería, Luigi ao órgano e Garrote á guitarra e aullidos. Actualmente Dani e Garrote tamén traballan en Superser e Camilo formou parte dalgunhas bandas integradas na escena Galician Bizarre como Travesti Afgán e Metralletas Leiteiras.

A finais de 2022 leva a cabo a gravación do primeiro longa duración. Foi realizada polo magnífico Javi Vícalo nos Estudos Dub Yard situados en Vigo e masterizada por un vello coñecido da escena como é Mike Mariconda. O LP viu a luz en setembro de 2023 co selo Family Spree Recordings.

Máis

Hora

15 marzo, 2024 21:30(GMT+01:00)

Localización

El Contrabajo

Rúa de Venezuela, 82, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events