Este é un evento repetitivo14 decembro, 2024 20:30
LUME CLANDESTINO FEST
13dec20:30LUME CLANDESTINO FESTCONCERTOS | Desde 16,00€20:30(GMT+01:00) Transylvania Metal Pub
Detalles do eventos
Lume Clandestino é un festival no que se reunirán varias das bandas máis destacadas do death e o black metal extremo peninsular, facendo fincapé no
Detalles do eventos
Lume Clandestino é un festival no que se reunirán varias das bandas máis destacadas do death e o black metal extremo peninsular, facendo fincapé no lado máis escuro destes estilos.
O evento terá lugar na cidade de Vigo nos días venres 13 e sábado 14 do mes de decembro en pleno centro da cidade olívica, no Pub Transylvania.
Venres 13:
-Awaketh. Banda de crú e escuro black metal procedente do ningures, banda formada por diversas persoas pertencentes a escena black metal galega, para seguidores de Darkthrone ou Katharsis.
-Velo Misere. Banda nada Madrid, centra a súa sonoridade no black metal máis clásico e arcaico. Formada xa hai uns anos por membros destacados da escena black metal madrileña e afianzándose sen dubida algunha como unha das bandas máis destacas dos últimos anos. Para seguidores de Gorgoroth, Tenebrae in Perpetum ou Beatrik.
-Marthyrium pecharán a noite do primeiro día. Unha das bandas con maior repercusión dos últimos anos na escena black metal estatal e cun dos discos máis aclamados nos últimos anos na escena, Through the Spheres of Darkness. Disarmonías, velocidade e agresividade en estado puro.
Sábado 14:
-Akouphenom pasan por ter editado un dos álbumes máis destacados dentro do panorama black/death metal da nosa escena. Brutalidade, escuridade e moita violencia sónica. A mestura perfeta entre Portal, Grave Miasma ou Antaeus.
-Voidwomb. Vimos vendo desde hai moitos anos como a escena portuguesa medra cada vez máis….até que finalmente está estourando co seu máximo esplendor. Voidwomb son un exemplo de como se poden facer ben as cousas no panorama máis escuro do death metal.
-Aversio Humaniatis. Probablemente unhas das mellores bandas de black metal europeas, probablemente unhas das bandas cos mellores vivos, probablemente sacarán no futuro obras que serán fitos no black metal estatal…por segunda vez chegan a Vigo as disonancias e a vangarda. Aquela xente que desfrute de Ved Vuens Ende, Deathspell Omega ou Svartidaudi, gozarán no súa proposta.
Abono 30€
Día individual 16€
Máis
Hora
13 decembro, 2024 20:30(GMT+01:00)
Localización
Transylvania Metal Pub
Rúa Rogelio Abalde, 16, 36201 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes