06feb22:00Lula MoraCONCERTOS | Desde 10,00 €22:00(GMT+01:00) Sala Kominsky
Detalles do eventos
A agrupación, liderada por Sara Caride e Silvia Izquierdo, combina música e poesía, creando pontes entre as súas dúas identidades culturais e xeográficas: Galicia e Canarias. As súas
Detalles do eventos
A agrupación, liderada por Sara Caride e Silvia Izquierdo, combina música e poesía, creando pontes entre as súas dúas identidades culturais e xeográficas: Galicia e Canarias. As súas letras nútrense de vivencias persoais para falar de encontro, cambio, esperanza e sororidade. Cantan e recitan en galego e castelán, e ás súas voces súmanse os sons da guitarra, o ukelele, o contrabaixo, teclados e sintetizadores. A súa música parte do xénero da canción de autora pero afástase del incorporando sonoridades doutros xéneros como o indie, o rap, o folk ou a música de raíz.
‘Hogar’ (2025) é o título que leva o seu primeiro traballo discográfico, un álbum conceptual cuxas cancións se fían en orde, construíndo unha historia. A súa proposta escénica combina a música con outras disciplinas como performance ou teatro, nun espectáculo de polo menos 80 minutos de duración no que a través da escenografía e o guion atravésanse diversas reflexións ao redor da pertenza, os procesos migratorios e o arraigamento persoal.
Entradas anticipadas 10,00 €, dispoñibles nesta ligazón.
Entradas na billeteira 13,00 €
Hora
6 febreiro, 2026 22:00(GMT+01:00)
Localización
Sala Kominsky
Rúa dos Irmandiños, 3, 36201 Vigo, Pontevedra


