>

04xul(xul 4)12:30Lula MoraCONCERTOS | De balde12:30(GMT+02:00) Galería RíoLagares

Detalles do eventos

A agrupación, liderada por Sara Caride e Silvia Izquierdo, combina música e poesía, creando pontes entre as súas dúas identidades culturais e xeográficas: Galicia e Canarias. As súas letras nútrense de vivencias persoais para falar de encontro, cambio, esperanza e sororidade. Cantan e recitan en galego e castelán, e ás súas voces súmanse os sons da guitarra, o ukelele, o contrabaixo, teclados e sintetizadores. A súa música parte do xénero da canción de autora pero afástase del incorporando sonoridades doutros xéneros como o indie, o rap, o folk ou a música de raíz.

‘Hogar’ (2025) é o título que leva o seu primeiro traballo discográfico, un álbum conceptual cuxas cancións se fían en orde, construíndo unha historia. A súa proposta escénica combina a música con outras disciplinas como performance ou teatro, nun espectáculo de polo menos 80 minutos de duración no que a través da escenografía e o guion atravésanse diversas reflexións ao redor da pertenza, os procesos migratorios e o arraigamento persoal.

Estarán presentando o vinilo ‘Hogar’ en Río Lagares, conversarán cos asistentes e tocarán algúns temas.

Hora

4 xullo, 2026 12:30(GMT+02:00)

Localización

Galería RíoLagares

67PC+2F Vigo

Other Events