BANNER CANS
BANNER GALAXIA

31mai19:00LUIS PIEDRAHITA. Apocalípticamente correctoESPECTÁCULOS | Desde 15,80 €19:00(GMT+02:00) Auditorio Teatro Afundación

Detalles do eventos

Apocalípticamente correcto é o novo show de Luis Piedrahita, un enxeñoso monólogo sobre a liberdade.

O ser humano sempre desexou facer o que lle dá a gana, pero é iso posible ou o noso destino está escrito e non podemos cambialo?

Luis ironiza sobre o horóscopo, que é a proba incontestable de que o noso destino está escrito nas estrelas, e sobre as autocaravanas, que é a proba de que está escrito nos mapas de carreteras. 

Neste monólogo Piedrahita arremete coa furia destrutiva dun cachorro contra temas como as anguías eléctricas, a lanuxe púbico, o leite de soia, a choiva ou a liberdade de expresión.

Son temas controvertidos, pero Luis non teme a nada. Por que? Pois porque o medo espanta a risa e, de modo recíproco, a risa espanta o medo.

Un monólogo cun chisco de maxia, imprescindible para entender a orixe dos nosos medos e as nosas esperanzas.

Unha peregrinaxe a zancada de jilguero polas praderías do absurdo, o surrealismo e a imaxinación. Que sentido ten todo isto? Ningún. Pero ninguén pode dicirlle nada a Piedrahita porque el fai isto por unha soa razón: Porque lle dá a gana. Está escrito e non podemos cambialo.

ENTRADAS AQUÍ

Máis

Hora

31 maio, 2025 19:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Teatro Afundación

Marqués de Valladares s/n

Other Events