REVISTA FEBREIRO

07feb22:00Luís Peixotoconcertos | desde 12,00 €22:00(GMT+01:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

Luís Peixoto, un dos cordofonistas máis prestixiosos de Portugal, presenta novo traballo na Rebullón. Despois do éxito do seu último disco “Geodesia”, Luís Peixoto presenta “Nortada”, o seu novo sinxelo xunto co galego Xosé Liz. Intérprete e compositor, recoñecido polo seu equilibrio entre o tradicional e o contemporáneo.

Mos, 3 de febreiro de 2026. Unha das propostas musicais máis interesantes do país veciño chega á Rebullón. Luís Peixoto atópase entre os mellores intérpretes de cordofóns tradicionais, como o cavaquiño e o bandolim, e está a ser quen de construír unha carreira artística con maiúsculas.

Despois de formar parte varios grupos e acompañar a inmumerables artistas (Dulce Pontes, Kepa Junkera, Uxía Senlle, Rosa Cedrón, Brian Finnegan, Kalakan…), Luís Peixoto (vídeos) lanzou no 2017 a súa traxectoria en solitario cun traballo que foi moi ben acollido por público e crítica: “Assimétrico”.

Pese ao recoñecemento, o artista non quedou estancado na fórmula. Sempre apuntando a novos horizontes musicais, no ano 2021 publicou “Geodesia”, cunha sonoridade actualizada, en formato trío acústico e centrándose principalmente na mandolina. Neste traballo, Peixoto rodeouse do talento do catalán Ciscu Cardona (guitarra) e do asturián Rubén Bada (violín) para reinterpretar, a través de composicións propias, a música tradicional lusa. “Geodesia” foi amplamente eloxiado por publicacións como World Music Central (“soberbio”), NSF (“creativo e virtuoso”) e Time Out (“rara beleza e sensibilidade”).

Agora, Luís Peixoto dá continuidade á súa procura constante de novos camiños con “Nortada”, un novo sinxelo editado hai pouco máis de mes e medio co galego Xosé Liz. O portugués continúa explorando sonoridades, sempre no perfecto equilibrio entre o contemporáneo e o tradicional.

Este sábado, Peixoto ofrecerá na Rebullón un concerto moi especial en formato cuarteto xunto a Álvaro Iglesias, Xosé Liz e Marc Xarau, e contará ademais con dous convidados de excepción: Fernando Barroso e Pedro Fariñas.

Entradas:

Prezo: Anticipada 12,00 €, en caixa 15,00 €

Hora

7 febreiro, 2026 22:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events