03mai18:30Luís Pastorconcertos | desde 12,00 €18:30(GMT+02:00) Sala Rebullón
Detalles do eventos
Este domingo 3 de maio, unha das voces culturais imprescindibles das últimas décadas, Luis Pastor, chega á Sala Rebullón cun concerto moi especial: “Cantos de
Detalles do eventos
Este domingo 3 de maio, unha das voces culturais imprescindibles das últimas décadas, Luis Pastor, chega á Sala Rebullón cun concerto moi especial: “Cantos de Abril e Liberdade”. Farao con Uxía e Lourdes Guerra como artistas convidadas, conformando unha cita íntima, comprometida e emotiva.
@luispastorcanta é cantautor, poeta e compositor, nome esencial da canción protesta antifascista dos anos setenta. Suma máis de vinte discos publicados, unha obra sempre caracterizada pola poética, o compromiso social e a defensa dos valores democráticos. O seu traballo é fundamental para comprender a evolución cultural e política recente en toda a península.
Froito do seu talento e posicionamento a prol da liberdade, Luís Pastor recibiu numerosas distincións, entre as que destacan a Medalla de Extremadura, a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes outorgada polo Ministerio de Cultura e o Premio Luso-Español de Arte e Cultura, concedido polos gobernos español e portugués como recoñecemento á súa traxectoria en defensa dos valores democráticos e a súa contribución musical e poética nas transicións á liberdade. 🇵🇹
Domingo, 3 de maio, ás 18:30 horas, desde 12,00 € en anticipada (15 € na billeteira), á venda online e na cantina do CSCD As Pedriñas.
Hora
3 maio, 2026 18:30(GMT+02:00)
Localización
Sala Rebullón
Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain
Hoxe móvese
maio

