
Luis Fonsi en Castrelos
23xul21:00Luis Fonsi en CastrelosCONCERTOS | 12,00€21:00(GMT+02:00) Parque Castrelos
Detalles do eventos
Luis Fonsi actuará no auditorio ao aire libre de Castrelos o martes 23 de xullo. Cantante e compositor portorriqueño coñecido polo seu éxito mundial “Despacito”,
Detalles do eventos
Luis Fonsi actuará no auditorio ao aire libre de Castrelos o martes 23 de xullo. Cantante e compositor portorriqueño coñecido polo seu éxito mundial “Despacito”, que o catapultou á fama internacional. O seu estilo fusiona o pop latino con elementos de música urbana e baladas románticas. Luis Fonsi xa visitou Vigo en 2017, cando ofreceu un concerto en Castrelos. Recibiu 5 Premios Grammy e bateu récord con “Despacito”, que conta con 8.000 millóns de reproduccións en Youtube.
Entradas á venda o luns 15 de xullo
A venda para o terceiro dos concertos do Vigo en Festas 2024 terá lugar o vindeiro luns 15 de xullo, seguindo o novo sistema posto en marcha polo Concello de Vigo. Poderanse adquirir un total de 5.000 localidades, 4000 de xeito presencial no Auditorio de Castrelos e 1000 en liña.
Para facilitar o acceso de toda a cidadanía, independentemente do seu horario de traballo, as entradas sairán en dúas quendas (en horario de mañá de 9:00 a 14:00 horas e pola tarde de 16:00 a 21:00 horas). En cada quenda estarán á venda 2000 reservas físicas e 500 de xeito online a través de www.vigoenfestas.cliqueo.es.
Cada persoa poderá retirar 4 reservas nominativas, co que terán que acudir cunha copia do DNI (ou outro documento identificativo) das persoas para as que queira adquirir a reserva. No caso do artista portorriqueño o prezo será de 12€.
Programación de Castrelos e os cachés dos artistas
13 xullo – Dani Fernández – 121.000 €
17 xullo – Una casita con encanto (infantil) – 18.137,90 €
20 xullo – Coral Casablanca – 44.165 €
23 xullo – Luis Fonsi – 245.630 €
25 xullo – Sen Senra – 116.765 €
31 xullo – Las orejas de mariposa (infantil) – 10.012,75 €
2 agosto – Luz Casal – 167.585 €
3 agosto – Aitana – 786.500 €
5 agosto – La cajita de los sueños (infantil) – 17.774,90 €
7 agosto – UB40 – 291.368 €
9 agosto – Ópera: Rigoletto – 48.763 €
12 agosto – Cantajuego (infantil) – 46.101 €
14 agosto – Víctor Manuel (sinfónico) – 205.700 €
16 agosto – Vetusta Morla e Xoel López – 332.750 €
17 agosto – Melendi – 350.900 €
Máis
Hora
23 xullo, 2024 21:00(GMT+01:00)
- Mes actual