vigo turistico
REVISTA ABRIL

Love of Lesbian en Castrelos

29xul22:00Love of Lesbian en CastrelosCONCERTOS | De balde22:00(GMT+02:00) Parque Castrelos

Detalles do eventos

O grupo catalán Love Of Lesbian volve a Vigo tras o seu último concerto na cidade no Festival TerraCeo 2021. Esta vez será o Auditorio de Castrelos quen acolla á banda de indie, o venres 29 de xullo.

Cinco anos despois do seu último traballo, en 2021 lanzaron ‘V.E.H.N’ (Viaje Épico Hacia la Nada), un dos seus álbumes máis introspectivos e maduros. No concerto poderemos escoitar algúns dos temas que compoñen este disco e tamén clásicos da banda como ‘Allí dónde solíamos gritar’, ‘Club de Fans de John Boy’ ou ‘Belice’.

A venda de entradas deste mércores 20 seguirá o procedemento habitual dos demais concertos de Castrelos. De maneira online estarán dispoñibles 4000 entradas, e 1000 de maneira presencial no despacho de billetes de Praza do Rei. Tanto en liña como presencial, haberá dúas quendas: ás 10:00 da mañá e ás 17:00 da tarde. En cada unha delas despacharase a metade dos billetes dispoñibles. Como sempre, as gradas de Castrelos son de acceso gratuíto.

O calendario de concertos en Castrelos queda así:
10/07 Serrat
13/07 Sebastián Yatra
15/07 Coral Casablanca

29/07 Love of Lesbian
30/07 Tanxugueiras
04/08 Leiva
06/08 Sting
08/08 Lola Índigo
11/08 Hijos de la Ruina + Woyza
14/08 Hombres G
16/08 Raphael
17/08 Dani Martín

Máis