Los Vinagres – A Movida

febreiro, 2019

22feb23:30Los VinagresCONCERTO | Desde 8,00€23:30 La Iguana Club

Máis

Detalles do evento

Este venres, directos desde Palma chega un dos grupos revelación deste 2019!!

Unha mestura salvaxe entre Santana e os Black Keys, que prometen poñer a bailar a toda La Iguana Club.

O trío canario evolucionan cara á música latina no seu novo álbum da man de Warner Music Spain baixo o título “Los Volcanes” e que inclúe temas como “La Chibichanga”, “Sácate los colmillos” ou “Los volcanes se duermen” cos que os naturais da Palma alcanzan a madurez artística.

Tras dous anos de traballo dedicados á composición e produción, Los Vinagres ofrecen un renovado son influenciado pola música latina e o rock de raíces. A este traballo precédelle “El canto de la morena” (2015), álbum debut que lles permitiu levar o seu potente directo á práctica totalidade de salas do país e a festivais como Mad Cool, MontgoRock ou o Festival Gigante por nomear algúns.

Despois de concerto seguiremos a festa e o baile cos Compadres djs, nunha festa preparada especialmente para a ocasión, Verbena Maraca, unha festa para o baile a ritmo de rock and roll, cumbia, mambo e boogaloo!

 

Hora

(Venres) 23:30

Lugar

La Iguana Club

Calle Churruca, 14, 36201 Vigo, Pontevedra, España

X