
15out20:00LOS REMEDIOSESPECTÁCULOS | 10,00€20:00 Auditorio Municipal do Concello
Detalles do eventos
Los Remedios é un barrio de Sevilla construído nos anos 50. Los Remedios é unha peza na que dous amigos da infancia xúntanse para tratar de entenderse a
LOS REMEDIOS
Los Remedios é un barrio de Sevilla construído nos anos 50. Los Remedios é unha peza na que dous amigos da infancia xúntanse para tratar de entenderse a base de representarse; a eles mesmos, ás persoas que marcaron o seu desenvolvemento, ao contexto social que forxou a súa identidade. Los Remedios é unha viaxe ao que queda no propio corpo: os xestos, os tons, as posturas. É unha autoficción autodestrutiva feita por dúas persoas desenraizadas que removen a terra na procura de algo ao que aferrarse. É unha xenealoxía teatral que indaga na necesidade da representación e na súa capacidade transformadora. É unha peza sobre a amizade como resposta fronte ao desconcerto.
Finalista aos Premios Max 2021 nas categorías de Mellor Espectáculo Revelación e Mellor Autoría Revelación
LA COMPAÑÍA EXLÍMITE
As entradas soltas poderán adquirirse anticipadamente sen gastos de xestión
• A través da páxina web de Giglon
• Na Librería Librouro
• O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio
Idade: Público adulto
Venres 15 ás 20:00
Máis

(Venres) 20:00
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra