BannerEscolasInfantis
bannerSGPL

marzo, 2020

12mar21:30Evento canceladoVibra Mahou: Los Punsetes + MujeresCONCERTOS | Desde 14,50€21:30 Island Club

Máis

Detalles do evento

Vibra Mahou segue achegando a Vigo a diferentes artistas para que realicen concertos en espazos cun aforo menor ao que acostuman. Grazas a isto, os asistentes poderán deixarse envolver pola música e vibrar de preto cos seus artistas favoritos. Entre as particularidades desta proposta musical atópase A canción do público, un momento que conectará aos artistas cos asistentes xa que, en cada concerto, estes últimos poderán elixir, por votación, un tema da lista de cancións do artista que despois será interpretado en directo.

Despois do concerto de Nacho Vegas o xoves 5 de marzo, na sala Sinatra e Ortiga e dani o venres 6 na sala Rouge, chega o turno de Los Punsetes e Mujeres.

Falar de Los Punsetes é falar dun dos maiores referentes da escena independente nacional. Aniquilación, o seu sexto álbum, aglutina todo o punch dos seus hits, onoise, a instrumentación e desenvolvementos máis elaborados, os momentos máis ambient e os máis hardcore… En definitiva, o seu disco máis rico.

Á súa vez, Mujeres consolídase como una as grandes bandas de rock alternativo nacional co seu novo EP, Romance Romántico. O seu paso ao castelán neste disco fixo que abarrotasen salas como a Joy Eslava (Madrid) ou Apolo 1 (Barcelona) e tocasen na maioría de festivais do país.

Por se non che importa viaxar a outras localidades galegas para gozar do resto de concertos, aquí tes a lista completa:

Xoves 27 de febreiro: Novedades Carminha. Sala Karma, Pontevedra.
Venres 28 de febreiro : Anni B Sweet. Sala Pantalán, A Coruña.
Sábado 29 de febreiro : Mikel Erentxun (En acústico). Sala La Room, Ferrol.
Xoves 5 de marzo: Nacho Vegas. Sala Sinatra, Vigo.
Venres 6 de marzo: Ortiga + dani. Sala Rouge, Vigo.
Sábado 7 de marzo: Joe Crepúsculo. Sala Bunker, A Coruña.
Xoves 12 de marzo: Los Punsetes + Mujeres. Sala Island, Vigo.
Venres13 de marzo: Ilegales. Sala Tebras, Lugo.
Sábado 14 de marzo: Heredeiros da Crus. A Pousada, Boiro. (Xa vendeu todas as entradas)
Mércores 18 de marzo: Hinds + Cariño. Sala Malatesta, Santiago.

Hora

(Xoves) 21:30

Lugar

Island Club

Praza da Estrela, 8, 36201 Vigo, Pontevedra

X