Los Planetas – A Movida

novembro, 2018

24nov21:00Los PlanetasCONCERTO | Desde 25,00€21:00 Mar de Vigo

Máis

Detalles do evento

O 13 de abril de 1998 Los Planetas editaron “Una semana en el motor de un autobús”, e o indie en España se fixo maior. Foi un estirón repentino, como o que segue a unha febre esaxerada (non é casual que o proceso de creación do álbum estivera cheo de turbulencias). Cancións como “Segundo premio”, “La playa” ou “La copa de Europa” poseían unha densidade eléctrica e unha gravidade emocional sen parangón, enfrontando aos seus autores e a toda unha xeración de oíntes cunha crise amorosa e existencial entendida coma unha cuestión épica. (Gerard Casau)

“Una semana en el motor de un autobús” foi elexido disco do ano nas cabeceiras máis prestixiosas, e todavía hoxe é imprescindible referirse a el cando se fala da escena española. Foi reeditado en diversos formatos e hai un libro dedicado a el. En 2013, coincidindo cos 15 anos da súa aparición, Los Planetas interpretárono no Primavera Sound.

En 2018 o grupo explorará o Toxicosmos desde unha nova perspectiva, dunha maneira inesperada, única e irrepetible.

Los Planetas, xunto a un grupo de compositores-arreglistas especializados en orquestación, adaptaron o disco completo para quinteto de corda e piano. Xunto a Jota e Florent interpretarán o disco de principio a fin durante a celebración deste XX aniversario

Hora

(Sádado) 21:00

Lugar

Mar de Vigo

Av. da Beiramar, 59, 36202 Vigo, Pontevedra

X