REVISTA NADAL

Los monólogos de la Treus con Esther Gimeno

16dec22:30Los monólogos de la Treus con Esther GimenoESPECTÁCULOS | 11,00€22:30(GMT+01:00) Sinatra Coctel Bar

Detalles do eventos

Esther Gimeno é cómica, actriz, guionista e cabaretera.

Gravou os seus monólogos para Comedy Central, Movistar, Aragón TV, FDF e Caracol TV (Colombia), representou varios espectáculos propios en todo tipo de escenarios e é guionista de diversos formatos. Como actriz traballou en cinema (Amigo, Cinebasura la peli), TV (Acacias 38) e en teatro, moito teatro.

Nestes momentos podedes escoitala en Gente Despierta, en RNE.

A Gimeno é a última vedette en idade reprodutiva, non exenta de suor, pero enche de glamour e malahostia, disposta a contrarrestar os novos ventos que sopran de mantilla e peite.

O seu é o humor-protesta: se non o podes cambiar, polo menos ri.

Viva a pluma!

Venres 16 ás 22:30

Entradas á venda en www.entradium.com

Máis

Hora

16 decembro, 2022 22:30(GMT+01:00)

Localización

Sinatra Coctel Bar

Rúa Fermín Penzol, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events