VIALIA
bannerPicnicSesions

Los Mojigatos

19dec19:30Los MojigatosESPECTÁCULOS | Desde 23,04€19:30(GMT+01:00) Auditorio Teatro Afundación

Detalles do eventos

Afundación desenvolverá a súa Tempada de Teatro de novembro a decembro no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) e pon á venda o abono para asistir as dúas funcións.

La fiesta del Chivo

10 de novembro ás 20:30h

1 h 35 min
Dirección: Carlos Saura
Texto: Mario Vargas Llosa Adaptación: Natalio Grosa
Reparto: Juan Echanove, Lucía Quintana, Eduardo Velasco, Gabriel Garbisu, Eugenio Villota, David Pinilla

Esta obra narra os últimos días do ditador Trujillo na República Dominicana. O autor válese para iso do personaxe de Urania Cabral, unha exitosa avogada que abandonou o país de maneira misteriosa, sendo unha nena. Tres décadas despois, regresa para visitar ao seu pai moribundo, o senador Agustín « Cerebrito» Cabral, un antigo alto cargo do Réxime que caeu en desgraza. Durante esa viaxe, desvelarase o secreto que a protagonista gardou celosamente desde a súa fuxida. La fiesta del chivo é unha lección de vida que nos lembra que o valor e a dignidade son os únicos antídotos contra a maldade e a barbarie.

Los mojigatos

19 de decembro ás 19:30h

1 h 20 min

Versión e dirección: Magüi Mira
Texto orixinal: Anthony Neilson
Reparto: Gabino Diego, Carmen Barrantes
Produción: Jesús Cimarro

Onde están as liñas vermellas da nova sedución? Como substituír os vellos códigos caducos sen converternos nuns mojigatos? Como facer o amor con plenitude nunha relación equilibrada e libre? Saberemos enfrontar esa necesaria renegociación de xénero? Unha muller e un home, con 9 anos de boa relación e 14 meses de seca sexual, tentan atopar unha saída ao seu problema coa colaboración do público. Moito humor, e ás veces tamén dor, para unha parella «en busca do sexo perdido».

Os abonos estarán dispoñibles na web Ataquilla.com desde hoxe, 25 de outubro e ata o 31 deste mesmo mes. Haberá tamén dispoñibilidade de adquirilos na propia billeteira do Teatro Afundación os días 26 de outubro de 17.00 a 19.00 h e o 27 de outubro de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 h.

Máis

Hora

(Domingo) 19:30(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Teatro Afundación

Marqués de Valladares s/n

Other Events