Lord Nelson – A Movida

novembro, 2018

22nov14:0017:00Lord NelsonVISITA BARCO | De balde14:00 - 17:00 Porto de Vigo

Máis

Detalles do evento

Estaba previsto que atracase este mércores 21 de novembro. Segundo informan desde Fundación Traslatio tivo que aplazarse o atraque debido a unha escala de emerxencia do buque Queen Victoria.

Finalmente o LORD NELSON abrirá as súas portas ao público o xoves 22 de novembro no Porto de Vigo, de 14:00 a 17:00, e o fará de forma gratuíta.

O Lord Nelson é outro dos grandes fitos do mundo da navegación. Ao igual que o Tenacious ten a capacidade para cumplir o soño de moitos mariñeiros cuxa condición física non lle permite navegar noutro tipo de embarcacións, conseguindo que estes vivan no mar ao 100%, sen ningún tipo de restricción. O seu obxetivo é claro: igualdade de condicións no mar, un trato de igual a igual.

Hora

(Xoves) 14:00 - 17:00

Lugar

Porto de Vigo

Cánovas del Castillo 3 36202 Vigo

X