Lontreira presenta 'Apnea'

17mar22:00Lontreira presenta 'Apnea'CONCERTOS | Desde 5,00€22:00(GMT+01:00) La Fábrica de Chocolate

Detalles do eventos

Adri Coyote, Héctor Rodríguez e Iván Barral, integrantes da banda de música en galego, buscarán a complicidade do público a través das súas cancións e os seus poemas.

Lontreira,banda gañadora da “Canción do Verán” en Galicia co tema “Corazón de toxo” actua o 17 de marzo na Fábrica de Chocolate en Vigo, no único concerto en salas programado ata despois do verán.

Tralo éxito do seu primeiro concerto no Auditorio da Illa de Arousa, conseguindo un sold out, presentan agora en Vigo o seu disco “Apnea”, primeiro traballo da banda e primeiro publicado en Galicia no 2023, que intercala poemas e cancións para ir narrando singladuras da vida a través das conexións especiais cos espazos naturais simbólicos.

Adriana Cores (Adri Coyote), Héctor Rodríguez (Rotce) e Iván Barral, son os tres compoñentes de Lontreira, un grupo de música en galego con raíces na Illa de Arousa e con Vigo como berce da súa formación, cidade na que cursan os seus estudos superiores e na que uniron os seus talentos nun proxecto musical que xa os está a converter nunha prometedora banda emerxente. Adri Coyote, letrista e voz de Lontreira, está sendo considerada unha das voces importantes femininas no panorama musical galego.

Para Héctor Rodríguez (Moaña), teclista, compositor, a música é unha vocación que quere transformar en profesión; para Adri Coyote  (A Illa) a música é unha afección “herdada polo ambiente cultural no que me criei na casa” coa que quere transmitir a súa paixón polo medio natural. Xuntos crean arte, unha arte que queren compartir na terra que a inspira, Galicia, donde buscan tamén a complicidade do público.

O venres 17 de marzo ás 22:00 horas en La fábrica de Chocolate. Podes adquirir as entradas premendo aquí, dede 5,00€.

Máis