CONCERTOS CASTRELOS
DIA DE GALICIA

LONTRAS + MANSIÓN

21xuñ21:30LONTRAS + MANSIÓNCONCERTOS | 10,00€21:30(GMT+02:00) El Contrabajo

Detalles do eventos

LONTRAS é o proxecto persoal de Juan Arca (guitarra e voz). A través das súas cancións, Juan propón unha viaxe musical na que as letras e a música se complementan para evocar sensacións no ouvinte e espertar a súa imaxinación. A súa proposta integra a sofisticación harmónica do jazz e a bossa nova e a sensibilidade pop de bandas como Wilco ou Elliott Smith. Completan a formación Sunil López (@sunil.lopezzzzz) no piano e Zalo Rodríguez (@sinteti_zalo) na electrónica e samples, que engaden capas ás composicións e aumentan o seu poder evocador.

MANSIÓN non é un grupo de pop ao uso, son uns amantes de todas as súas sonoridades. Nas súas estancias  conviven o synth-pop, os baixos dos 70s e os arranxos de vento con guitarras doutro tempo e unhas letras que falan só desde o corazón e a ironía. Todo ilo co obxectivo de facer música popular como un traxe a medida. Ensaian dende hai uns anos en Teis e o ano pasado publicaron o seu primeiro EP “Primera Juventud”.

Máis

Hora

21 xuño, 2024 21:30(GMT+02:00)

Localización

El Contrabajo

Rúa de Venezuela, 82, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events