
Lola Índigo en Castrelos
08ago22:00Lola Índigo en CastrelosCONCERTOS | De balde22:00(GMT+02:00) Parque Castrelos
Detalles do eventos
A cantante Lola Índigo, famosa por participar na edición de 2017 do programa Operación Triunfo, é a nova confirmación para os concertos no auditorio de Castrelos, onde actuará
Detalles do eventos
A cantante Lola Índigo, famosa por participar na edición de 2017 do programa Operación Triunfo, é a nova confirmación para os concertos no auditorio de Castrelos, onde actuará o luns 8 de agosto. A autora de ‘La niña de la escuela’, ‘Santería’, ‘4 besos’ ou ‘Ya no quiero ná’ non participou no concerto grupal que outros dos seus compañeiros triunfitos realizaron en Castrelos en 2018. Ademais de cantante tamén é bailarina, chegando a participar no programa Fama ¡a bailar! con 18 anos e a acompañar en directo a artistas como Miguel Bosé.
As entradas teñen un custo de 5€ e saen á venda este mércores 27 de xullo. Como vén sendo habitual este ano, haberá dúas quendas: 10:00 e 17:00 horas. Serán 4000 reservas en liña na web do Concello e 1000 presenciais na praza do Rei. O resto do auditorio, como sempre, será de acceso libre e gratuíto.
Ligazón para mercar as entradas.
O calendario de concertos en Castrelos queda así:10/07 Serrat
13/07 Sebastián Yatra
15/07 Coral Casablanca29/07 Love of Lesbian30/07 Tanxugueiras04/08 Leiva
06/08 Sting
08/08 Lola Índigo
11/08 Hijos de la Ruina + Woyza
14/08 Hombres G
16/08 Raphael
17/08 Dani Martín
Foto: Sergio R. Moreno (GTres)
Máis
Hora
8 agosto, 2022 22:00(GMT+01:00)