"LO QUE LA MAREA ESCONDE" DE MARÍA ORUÑA
Detalles do eventos
María Oruña asinará exemplares da súa última novela Lo que la marea esconde o mércores 23 de xuño ás 20.00 horas na librería (planta 5ª) do Corte Inglés
Detalles do eventos
María Oruña asinará exemplares da súa última novela Lo que la marea esconde o mércores 23 de xuño ás 20.00 horas na librería (planta 5ª) do Corte Inglés de Vigo.
María Oruña eleva o listón novela tras novela. Entre outras cousas, porque en cada historia, en cada misterio, vai máis aló buscando sempre novos labirintos, novas tramas que supoñan un reto na creación dun relato. E así, libro a libro, a autora galega converteuse nun fenómeno imparable, con máis de 300.000 lectores.
Co seu anterior libro, El bosque de los cuatro vientos, sorprendeu cunha novela histórica baseada nunha lenda galega que finalmente a realidade empeñouse en confirmar como certa: dous meses despois da súa publicación acháronse catro dos nove aneis «milagrosos» de Santo Estevo e a noticia deu a volta ao mundo.
Agora María Oruña supera ese fito coa que sen dúbida é a súa novela de Valentina Redondo máis ambiciosa e lograda ata a data, un verdadeiro desafío á intelixencia dos máis avezados sobre o incombustible motivo da «habitación pechada», ao mellor estilo clásico das novelas de misterio e cunha factura impecable.
Lo que la marea esconde rende homenaxe á gran Agatha Christie que, como ela mesma conta na súa autobiografía, lanzouse á escritura por culpa do misterio do cuarto amarelo de Gastón Leroux. Impresionada polo enxeño, aceptou o desafío da súa irmá Madge, quen estaba segura de que non sería capaz de tramar un enigma semellante. María Oruña, nunha chiscadela á dama do crime, tamén acepta o reto: «Eu mesma expúxenme a posibilidade de escribir un misterio de habitación pechada; lera traballos de Christie, Poe, Leroux, Bruce Montgomery, Marion Harvey… Sería capaz? A idea había germinado en min facía xa moitos anos, nunha viaxe por Europa: sentín que podía facelo, que a historia e o misterio podían ir da man. Sen dúbida, O que a marea esconde supuxo para min un desafío co que provocar deliberadamente o enxeño e a agudeza dos lectores, mostrándolles a verdade desde o principio», confesa.
Foto: cedida
Máis
Hora
23 xuño, 2021 20:00(GMT+01:00)
Localización
El Corte Inglés
Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes