GFFF

Lluvia  

08xul21:00Lluvia  CONCERTOS | De balde21:00

Detalles do eventos

Lluvia é unha banda de Badajoz, formada por Julia Pena, compositora, voz e guitarra, Tacho Sánchez á batería, Juan Pena ao teclado e Pedro Fernández, guitarra eléctrica e trompeta. Nesta xira por Galicia en formato trío, Julia, Tacho e Juan fusionan varios estilos desde o indiefolk atmosférico pasando por sons e harmonías con claras influencias desde o jazz ata o trip hop. Temas propios onde as súas letras e a sensibilidade musical axúntanse para xerar unha atmosfera moi emocional e á súa vez crítica, resultando un espectáculo dinámico e impactante.

*se ven chuvia, reubicaremos a proposta para o domingo pola tarde.

Máis

Hora

(Sábado) 21:00

Localización

Deilán praia

barciela 95 (14,14 km) 36142 Vilaboa