REVISTA VERAN

12xul21:30LLUVIA + SANNYCONCERTOS | 10,00 €21:30(GMT+02:00) A Casa de Arriba

Detalles do eventos

LLUVIA

Lluvia é unha banda de Badajoz, formada por Julia Pena, compositora, voz e guitarra, Tacho Sánchez á batería, Juan Pena ao teclado e Pedro Fernández, guitarra eléctrica e trompeta. Fusionan varios estilos desde o indiefolk atmosférico pasando por sons e harmonías con claras influencias desde o jazz ata o trip hop. Temas propios onde as súas letras e a sensibilidade musical axúntanse para xerar unha atmosfera moi emocional e á súa vez crítica, resultando un espectáculo dinámico e impactante.

SANNY

Sanny actúa acompañada da súa banda (Denis Carballas, Bruno Costas e Anxo Paz) o sábado 12 na Casa de Arriba.

Sandra Gómez, o nome que se agocha tras Sanny, mantén viva a chama do folk combativo e intimista. Cun pé nos primeiros anos de Bob Dylan e no Nebraska de Bruce Springsteen, e con outro en artistas indie contemporáneas como Phoebe Bridgers e Sharon Van Etten, desenvolve o seu particular estilo compositivo e interpretativo desde o 2012 entre Vigo e Santiago.

En Preston (Reino Unido), ademais de estudar elementos relacionados coa música e sociedade dos Estados Unidos, percorreu cada semana os micros abertos dos locais da cidade (The Ferret foi o máis habitual). Será á volta cando grave o seu primeiro traballo discográfico, Loners Downtown (2019), un EP de cinco temas que bailan entre o folk e o indieNos últimos tempos publicou novos temas como ’25’, ‘Bird in a Cage’ ou ‘Grape Juice’.

Máis

Hora

12 xullo, 2025 21:30(GMT+02:00)

Localización

A Casa de Arriba

Rúa Martín Códax, 23, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events