REVISTA VERAN

18xuñ20:00Llerena Perozo presenta 'Los años tranquilos' no Café Vitruvia acompañada por músicos locaisACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+02:00) Vitruvia Café

Detalles do eventos

A escritora Llerena Perozo presenta en Vigo a versión en castelán da súa última novela, Los años tranquilos (Roca Editorial), publicada en galego en 2024 por Xerais. Será no Vitruvia Café o mércores 18 ás 20:00 h, e a autora estará acompaña polo editor Manuel Bragado e pola directora d’A Movida Tamara Novoa.

Nun espazo tan musical como o Vitruvia tamén haberá tempo para as actuacións en directo dos artistas Franky Valencia e Pablo Lesuit.

Sinopse

Cando María García nace, a comezos do século XX nunha aldea da montaña asturiana, as súas cartas semellan estar botadas. Todo parece indicar que o destino dela será medrar, vivir e morrer onde naceu. Mais aquela rapaza, que cría contar coas súas mans como único patrimonio, descubrirá axiña un comodín extraordinario que lle vai permitir percorrer medio mundo: a súa mente prodixiosa. Coa imaxinación, co instinto e coa intelixencia, María sorteará os mares bravíos das normas, vencerá atrancos e prexuízos e superará fronteiras físicas, mentais e sociais. «Os anos tranquilos» é a historia vertixinosa dunha muller extraordinaria que, ademais de traballar coas súas mans, pode ser quen de vivir como unha gran señora pola súa capacidade de aprendizaxe e mesmo, cando é preciso, empregar as armas necesarias para matar.

Máis

Hora

18 xuño, 2025 20:00(GMT+02:00)

Localización

Vitruvia Café

Praza de Compostela, 5, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events