Literatura e compromiso
28set18:30Literatura e compromisoACTIVIDADES PARA O COCO |De balde18:30(GMT+02:00) Libros para soñar
Detalles do eventos
“Literatura e compromiso” é o lema do encontro que van protagonizar o vindeiro xoves 28 de setembro a xornalista e escritora María José Floriano e
Detalles do eventos
“Literatura e compromiso” é o lema do encontro que van protagonizar o vindeiro xoves 28 de setembro a xornalista e escritora María José Floriano e mais o autor e director de KALANDRAKA, Xosé Ballesteros, na libraría Libros para soñar (Triunfo, 1) de Vigo, a partir das 18:30 horas. O coloquio, que se enmarca no programa Afinidades electivas do Ministerio de Cultura, está dirixida especialmente a docentes, especialistas en mediación lectora e intervención sociocomunitaria, profesionais de bibliotecas, ademais de lectoras e lectores adultos.
«Terra de ninguén» é o último libro de María José Floriano, ambientado na Cañada Real, o asentamento chabolista de maiores dimensións en Europa. Este poboado marxinal -do que hai moitos exemplos en cidades de todo o mundo- é o escenario dun relato sensible e impactante que converte en literatura a dura realidade de milleiros de persoas a través da mirada sinxela, doce e creativa da infancia. Trátase dunha obra imprescindible, audaz e comprometida cos excluídos da sociedade, que lles dá voz ás nenas e aos nenos que viven nesas contornas en condicións adversas, e que visibiliza unha problemática social enquistada dende hai anos, entre o desmantelamento das construcións e o realoxamento das familias.
Tras pausar unha traxectoria informativa que a levou a traballar en varias emisoras de radio, cadeas de televisión e produtoras, María José Floriano dedícase actualmente á súa faceta literaria como autora, imparte conferencias e talleres de escrita, e desenvolve actividades de creatividade e animación lectora a través de encontros e clubes de lectura con público de todas as idades.
En canto á obra literaria de Xosé Ballesteros, céntrase na adaptación de contos tradicionais, como «O coelliño branco» (Premio Nacional de Ilustración 1999), «O traxe novo do rei», «Os tres osos» ou «Tío Lobo», entre outros títulos, aínda que tamén abrangue a creación, como «Imaxina animais», e esténdese ademais á narrativa coa novela «Talego» (Xerais, Premio García Barros 1993). Na súa faceta como editor, está á fronte dunha editora con 25 anos de historia e cun catálogo de case 500 títulos en diferentes linguas, sendo a primeiro selo especializado en literatura infantil e xuvenil que recibiu o Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial Cultural (2012).
Esta xuntanza entre María José Floriano e Xosé Ballesteros é unha das máis de 70 actividades a nivel estatal que contan co apoio do Ministerio de Cultura -a través da Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura- co obxectivo de promocionar as librarías independentes e o labor das autoras e autores, salientando a pluralidade e a diversidade lingüística e creativa.
Máis
Hora
28 setembro, 2023 18:30(GMT+01:00)
Localización
Libros para soñar
Rúa Triunfo, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes