>
Detalles do eventos
A festa de presentación do EP debut de Raze, artista multidisciplinar queer, incluirá unha listening party e unha proxección audiovisual arredor dun traballo que mestura electrónica, pulsos de
Detalles do eventos
A festa de presentación do EP debut de Raze, artista multidisciplinar queer, incluirá unha listening party e unha proxección audiovisual arredor dun traballo que mestura electrónica, pulsos de club, ritmos caribeños e pop contemporáneo. A proposta de Raze combina capas sintéticas, percusión rítmica e melodías envolventes para construír un universo onde dialogan son, corpo e imaxe.
O seu lanzamento explora ideas como a transformación, o desexo e o movemento a través dunha paisaxe sonora na que conviven enerxía rave, sensibilidade melódica e experimentación. A entrada será de balde.
Hora
30 maio, 2026 20:00(GMT+02:00)
Localización
Centro Social A Nubeira
R. de Pizarro, 6, Santiago de Vigo, 36204 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
xuño



