VIALIA
REVISTA NOVEMBRO

'Lingüística se escribe con A' de Teresa Moure

09xuñ19:00'Lingüística se escribe con A' de Teresa MoureACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00)

Detalles do eventos

Os manuais de historia da lingüística que se usan na actualidade non recollen ningún nome de muller. Ningún. Algo que resulta paradoxal se temos en conta que o xurdimento desta disciplina, no primeiro terzo do século XX, coincide co acceso das mulleres occidentais á educación superior, elixindo en moitos casos estudos humanísticos. Como explicar este feito? Este libro propón reflexionar sobre as causas da exclusión das lingüistas esquecidas , un esquecemento que non só afectaría a figuras individuais, senón a todo un colectivo.

Teresa Moure traza unha historia alternativa e crítica da lingüística, ilustrando a participación das mulleres en oficios e saberes relacionados, como a tradución, a criptografía, a antropoloxía, a primatología, a sociolingüística ou a filosofía da linguaxe.

Código da reunión: bvk-bkgk-qvi


A plataforma que utilizaremos será GOOGLE MEET Se tes algún problema en formato virtual ou non sabes como conectarte, non te cortes… chámanos e intentaremos solucionalo. ESPAZO FORMATIVO PERSONALIZADO PARA APRENDER A CONECTARSE A GOOGLE MEETPide cita no Teléfono do CDRF  986 43 64 41(luns e venres 10:30-13:30; martes a xoves 16:00-20:30 h.) 

 PREPARATIVOS PARA CONECTARSE CON GOOGLE MEET* Empezaremos a conectarnos 15 minutos antes de comenzar a reunión
Hai varias formas de conectarse:1.- Nun navegador web, vai a https://meet.google.com Fai clic en “unirse a una reunión”.Introduce o código de reunión que se indica para cada actividade.Fai clic en “Continuar” e despois, en “Unirse ahora”.
2.- Se tes unha conta de gmail tamén podes entrar desde ahí e seguir o mesmo proceso.3.- No móvil podes descargar a aplicación Google Meet desde Play Store e seguir os mesmos pasos para entrar na reunión desde o teléfono.

Máis

Hora

9 xuño, 2021 19:00(GMT+01:00)