CONGRESO MAR >

22ago19:30'Lindy Hop na praza': arranca a fin de semana bailando na rúaACTIVIDADES DEPORTIVAS | De balde19:30(GMT+02:00) Praza do Pobo

Detalles do eventos

Swing On organiza Lindy Hop na praza, unha xuntanza de baile aberta e gratuíta, na Praza do Pobo Galego, xunto a El Bar. Haberá táboa para aqueles que teñan zapatos de tap e, ademais, celebrarase un aniversario.

Comezaron a bailar swing na cidade do Porto hai máis dunha década e pouco tardaron en traer eses pasos enérxicos e cheos de ritmo a Galicia. Falamos de Elena Branco e Jorge Patiño que, primero en Bueu, despois en Cangas e agora en Vigo, rescataron este baile centenario que apenas se practicaba na nosa terra e crearon Swing On.

“É un baile moi variado e case sempre que ves a alguén bailar lindy hop faino cun sorriso na cara”, conta Patiño. “A enerxía e a ledicia son as sensacións predominantes, pero tamén hai lugar para o recollemento”, engade Branco. Ademais da parte física do baile, as súas clases tamén se orientan á comprensión e orixes da cultura que hai detrás deste movemento artístico. O contexto social, xeográfico, histórico e racial é básico á hora de valorar a importancia que ten o jazz e o swing na historia da música e da danza. “Hai quen ve este baile como algo antigo ou rancio, pero en realidade se ves vídeos de hai cen anos decátaste de que era algo súper salvaxe e desafiante, case ata punky“, sinalan. A parella responsable destaca que rompen os roles tradicionais, nos que habitualmente o home é o leader e a muller exerce de follower. Aquí todo o alumnado aprende a desenvolverse con soltura en ambos os dous roles.

Hora

22 agosto, 2025 19:30(GMT+02:00)

Localización

Praza do Pobo

Rúa Doctor Cadaval, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events