BARAFUNDA >

29mai19:00Lindy Hop ClassicsACTIVIDADES DEPORTIVAS |De balde19:00(GMT+02:00) Praza do pobo galego

Detalles do eventos

Swing On Vigo inaugura este venres unha nova actividade de baile ao aire libre baixo o nome Lindy Hop Classics. A proposta comezará cunha pequena clase aberta na que as persoas asistentes poderán aprender parte do mítico Shim Sham, unha das coreografías máis emblemáticas do swing.

Nesta primeira sesión traballarase unha versión inspirada na creada por Frankie Manning e Chazz Young, coincidindo coa semana do aniversario do nacemento de Frankie Manning, unha das grandes figuras da historia do lindy hop. Tras a clase, a actividade continuará cun baile social na praza, aberto a todas as persoas que queiran participar.

Hora

29 maio, 2026 19:00(GMT+02:00)