Libros na Alameda: 'Marxes. Guía ilustrada do Vigo rebelde"

01xul19:30Libros na Alameda: 'Marxes. Guía ilustrada do Vigo rebelde"ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+02:00) Alameda de Bouzas

Detalles do eventos

Voltamos coa presentación de libros baixo as árbores da Alameda de Bouzas, que tan bo sabor de boca deixou o ano pasado. É unha bonita feira do libro en Bouzas, tan nosa, tan cercana!

O venres 1 de xullo  presentación do libro “Marxes. Guía ilustrada do Vigo rebelde” por parte dos seus autores: Xurxo Martínez e David Rodríguez.

Marxes traza un mapa afectivo con itinerarios por Vigo no que se rememoran, con textos fotografías e ilustracións, as batallas do Vigo rebelde ae solidario. 40 historias reais que retratan con emoción episodios relevantes para as clases populares viguesas. Narrada por Xurxo Martínez e ilustrada por David Rodríguez, é perfecta para ler ou para recorrer os escenarios.

Os autores:

Xurxo Martínez González (Coia,Vigo, 1984). Doutor en Filoloxía Galega e premio extraordinario de Tese de Doutoramento pola Universidade de Vigo. A súa investigación céntrase no Rexurdimento, no provincialismo e na cultura galega do século XIX, con distintas publicacións e artigos. Autor de varios libros, en Xerais publicou “Luís Soto. A xeira pola unidade galega” (2011) e “Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte” (2018), escrito con Emilio Xosé Ínsua. Colaborador habitual na prensa escrita e dixital, premiado en certames poéticos e narrativos, tamén realiza labores como guía literario-cultural por Vigo. Traballa como técnico de normalización lingüística no Concello de Redondela.

David Rodríguez (Vigo, 1975) é deseñador gráfico de profesión e activista político vocacional. Publicou teatro radiofónico: «O Bambán» (Xerais, 2007), «Nunca me esquecerei de ti» (Xerais, 2010); poesía: «Lapidarias, os versos escuros» (Xerais, 2010); literatura infantil: «Superavoa» (Xerais, 2020); ensaios colectivos: «Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural» (2010), «A praza é nosa» (2011), «15-M. O pobo indignado» (2011), «Por uma democracia radical. Vozes subalternas contra o estado de exceção» (2012), «Entrementres. Ensaios para unha nova cultura política» (2014). Desde 2005 mantén o blog «O funambulista coxo», do que ten publicada unha escolma en papel titulada «Retomando a palabra. Das guerras culturais ao crac financeiro» (2012). En 2018 publica o ensaio «O canastro sen tornarratos. Resistencia popular na era do capitalismo sen democracia. Unha ollada galega» (Xerais). Colabora con artigos de opinión en numerosos medios, como «Nós Diario», «Praza Pública», «Tempos Novos», «Luzes», «Novas da Galiza», «Mientras Tanto», «Espai Marx», «Sin Permiso», «Viento Sur» ou «Diagonal». No enderezo de correo electrónico «ofunambulista@gmail.com» pódese contactar con el, así como a través da súa conta en Twitter (@ofunambulista), onde desafoga as súas coitas.

Máis

Hora

(Venres) 19:30(GMT+02:00)

Localización

Alameda de Bouzas

Plaza Independencia Praza da Independencia 36211 Vigo Pontevedra

Other Events