Libre coma os paxaros
25feb20:00Libre coma os paxarosESPECTÁCULOS | Desde 10,00€20:00(GMT+01:00) Sala Ártika
Detalles do eventos
Unha muller toma a palabra e proclámase dona da súa liberdade. Manifesta, desafiante, non someterse ás regras da arte nin acatar mandatos dos seus iguais.
Detalles do eventos
Unha muller toma a palabra e proclámase dona da súa liberdade. Manifesta, desafiante, non someterse ás regras da arte nin acatar mandatos dos seus iguais.
Declara o seu amor pola literatura, a poesía e a lingua do seu país; o seu respecto e admiración polas escravizadas mulleres do seu pobo, e expresa a súa solidariedade e a súa dor polas miserábeis condicións de vida que aquelas teñen que soportar.
Denuncia o espolio do patrimonio forestal, a traxedia da emigración á que se ven obrigados centos de miles de compatriotas para poder sobrevivir, eles e as súas familias, á fame e á miseria. E clama contra o silencio que todo o envolve.
Muller. Filla de nai solteira. E de pai cura. Escritora. Galega de pensamento libre. Chámase María Rosalía Rita de Castro.
Teatro do Atlántico
Hora:
- sábado 25 de febreiro ás 20:00h
- domingo 26 de febreiro ás 20:00h
Recinto: Sala Ártika
Prezo:
- Venta online: Entrada Anticipada: 10 € + gastos de xestión
- En taquilla: Entrada Xeral: 14 €
Idades recomendada: + 18 anos
Duración: 75 min
Máis
Hora
25 febreiro, 2023 20:00(GMT+01:00)
Localización
Sala Ártika
Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra