decembro, 2019

26dec21:00Libertango Trío & Dúo Micol-ValdezCONCERTOS | 6,00€21:00 La Galeríajazz

Máis

Detalles do evento

Libertango Trío & Cristian Villar preséntanse por última vez este 2019 pechando un ciclo musical que comezou fai tres anos coa publicación do seu disco debut “Xeites”. Un traballo onde a formación, integrada por Guillermo Gagliardi e Juanma Ons en guitarras , Juan Santomé ao contrabaixo e Cristian Villar ao canto, insinuou as súas intencións creativas partindo dos ritmos e as palabras da música popular e tradicional, que veñen describindo a vida e as paixóns a beiras do Río da Prata desde fai máis dun século: “Tres instrumentos e unha voz, conducidos por cordas trenzadas, convocando unha vez e outra vez aqueles berros e estes susurros, aqueles soños e esta paixón; esta nostalxia e aquel son que trasnoita na penumbra da orixe”, son as palabras coas que a escritora montevideana, Eva Rabal, define a música de Libertango Trío.
Para esta ocasión, a banda conta con invitados especiais como o cantor Enrique Migliarini e o dúo procedente da cidade de Paraná, Arxentina, integrado por Ariel Micol e Flavio Valdez, que se atopa de xira pola Península.
Flavio Valdez ( Paraná, Arxentina) é un guitarrista e docente de prestixiosa formación musical, que participou en diferentes proxectos, destacándose como acompañante do recoñecido guitarrista uruguaio Ricardo Panissa durante 15 anos e realizando concertos por Arxentina, Chile, Brasil, Uruguai e España.
Ariel Micol, nacido en Lopez, Santa Fé, Arxentina, é un bandoneonista de dilatada carreira quen se formou con recoñecidos intérpretes deste instrumento como “Cato” Truffer ( Paraná) ou Eva Wolf (Buenos Aires). Na actualidade é integrante do quinteto de tango rosarino “Esa Diablura”. Nos seus máis de 20 anos de traxectoria interveu en innumerables proxectos musicais e escénicos como “Teatro de Bardo”, “Grupo de arte popular “Danzarín”, Cuarteto Típico Colifa, ou a Escola Orquestra de Tango de Paraná, entre outros tantísimos. A súa música tamén o levou a realizar xiras por diferentes puntos do planeta como Omán, México, Brasil, Colombia, Uruguai, Bolivia, Perú, España, Francia, Suíza, Serbia, Italia, Turquía e Chipre.

Hora

(Xoves) 21:00

Lugar

La Galeríajazz

Rúa da Ronda de Don Bosco, 21, 36202 Vigo, Pontevedra

X