>
17mai11:3013:00Letras Galegas, Begoña CaamañoAS NOSAS FESTAS | De balde11:30 - 13:00(GMT+02:00) Vigo
Detalles do eventos
A Asociación Veciñal Curva de San Gregorio organiza unha xornada festiva e cultural o vindeiro domingo, 17 de maio, para homenaxear a figura de Begoña Caamaño no Día
Detalles do eventos
A Asociación Veciñal Curva de San Gregorio organiza unha xornada festiva e cultural o vindeiro domingo, 17 de maio, para homenaxear a figura de Begoña Caamaño no Día das Letras Galegas. O evento terá lugar na praza urbana situada na rúa Tomás A. Alonso, 185-187.
A programación para este día de celebración inclúe as seguintes actividades:
- 11:30 h – A festa comezará coa música tradicional dun grupo de gaitas, que se encargará de animar o recinto e dar a benvida aos asistentes.
- 12:00 h – O actor Avelino González ofrecerá un monólogo de humor para facer gozar ao público con grandes doses de retranca.
- 13:00 h – A compañía Inventi Teatro porá en escena a obra titulada “Marcho que teño que marchar”.
Ademais da oferta cultural, os asistentes poderán desfrutar de polbo á feira durante toda a xornada. A organización convida a toda a veciñanza a participar neste día de exaltación da lingua e a cultura galegas.
Hora
17 maio, 2026 11:30 - 13:00(GMT+02:00)
Localización
Vigo
36201 Vigo, Pontevedra


