VIALIA
GIRANDO POR SALAS

LES TESTARUDES

05abr21:00LES TESTARUDESCONCERTOS | Desde 15,00 €21:00(GMT+02:00) Sala Supersonic

Detalles do eventos

𝙇𝙚𝙨 𝙏𝙚𝙨𝙩𝙖𝙧𝙪𝙙𝙚𝙨 son nove mulleres, de entre 20 e 27 anos, que veñen de diferentes rincóns de Catalunya e que teñen como epicentro o barrio barcelonés de La Bordeta. O proxecto nace da necesidade de crear o seu propio espazo dentro de estilos tradicionalmente dominados por homes O grupo ofreceu o seu primeiro concerto en Maio do 2023 e dende entón a súa axenda de concertos non parou de medrar, ofrecendo máis dunha corentena de actuacións só en Catalunya. Cun repertorio formado por algunhas das súas cancións preferidas de artistas tanto nacionais como internacionais dentro destes xéneros, Les Testarudes queren visibilizar a imaxe da muller sobre os escenarios, así como ofrecer un espazo de aprendizaxe e coñecemento sobre as mulleres intérpretes e compositoras na cultura musical xamaicana.

Compra as túas entradas AQUÍ.

Máis

Hora

5 abril, 2025 21:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Supersonic

Rúa Fermín Penzol, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events