Leira

30abr20:00LeiraESPECTÁCULOS | 8,00€20:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

O corpo e a terra estreitan os seus lazos nun espectáculo de danza e música que nos transporta á dura beleza dos labores do campo. A muller no centro desta conexión telúrica; día e noite, xornada tras xornada repetida nunha sucesión inesgotable de estacións. O sol e a choiva, o vento xeado, crúas paisaxes de intemperie habitadas unicamente por unha coreografía humana de apeiros de labranza, de corpos que cargan e arrastran, que danzan entre os sulcos arados na terra. Pero Leira é tamén a sinxela alegría do traballo feito coas mans, coa valentía do corpo a corpo. A celebración dunha Galicia intemporal e máxica.

NOVA GALEGA DE DANZA

Podes facerte coas entradas a través de http://vigocultura.woutick.es/ ou ben no despacho de billetes do Auditorio os venres e sábados de 18:00 a 20:00 e os domingos de 10:30 a 12:30 e de 16:00 a 18:00.

Venres 30 ás 20:00
Sábado 1 ás 20:00

Máis

Hora

(Venres) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events