VIALIA
KIKIMORENTE

LEIRA PAPAIA

16mar13:00LEIRA PAPAIACONCERTOS | 15,00 €13:00(GMT+01:00) O Estudio

Detalles do eventos

Leira Papaia, como o seu nome ben indica, é unha mistura altamente orixinal das cantigas galegas coas cancións dos boleros e os estilos tropicais dos “arredores”.

O trío formado por violín, guitarra e contrabaixo, explora dende a sonoridade acústica do instrumental e as voces, todas as posibles músicas que xurdiron tanto na Galiza como no exilio dos “gallegos”. Unha proposta que actualiza tanto o folklore patrio coma os boleros ou a música do exilio. Leira, raíz, bolero, Papaia, música intimista e altamente extrovertida, danzas, bailes. Vas quedar cun sorriso nos beizos e nas pernas.

Inda que a formación do grupo é recente (mediados do 2021), os seus membros contan con ampla experiencia en grupos coma Trilitrate, Cró!, O.M.E.GA, METAMOVIDA entre outros e na súa curta vida xa participou con éxito en ciclos como o “PORTAS DO CAMIÑO” dentro do XACOBEO 2021 ou “MÚSICA EN SALAS” da Xunta de Galicia.

Entradas:  colaboración de 15€ incluindo exquisita tapa e bebida.

Reservas: lurdesarias@gmail.com ou + 34 649 10 60 50.

Máis

Hora

16 marzo, 2025 13:00(GMT+01:00)

Localización

O Estudio

Rúa Menéndez Pelayo,32 Vigo Pontevedra

Other Events