REVISTA OUTUBRO

Lectura Dramatizada de "Morte Accidental dun Anarquista"

25xan20:00Lectura Dramatizada de "Morte Accidental dun Anarquista"ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+01:00) RioLagares

Detalles do eventos

Seguindo a política de presentación de traducións do espazo RioLagares, o día 25 de xaneiro de 2024 as 20.00, presentarase a edición en galego de Morte accidentale di un anarchico (1970). O acto consistirá nunha Lectura dramatizada de fragmentos de “Morte accidental dun anarquista”, de Dario Fo, polos alumnos da ESAD de Vigo, dirixidos por Ermel Morales e contará coa colaboración de María A. Seisdedos, tradutora da obra e Xosé Soutullo, director de Editorial Galaxia.

Dario Fo, (1926-2016) foi un actor e escritor de teatro italiano gañador, entre outras varias distincións de mérito, do Premio Nobel de Literatura de 1997.

Situado na contorna da esquerda política italiana, en particular dos proxectos culturais auto-xestionados, Fo escribiu acedas sátiras políticas arremetendo sen piedade nin auto-censura contra o poder político, o capitalismo, a mafia e o Vaticano.

Coñecido pola seu carácter provocador e os seus textos anovadores, entre as súas obras máis coñecidas se sitúan: ‘Mistero buffo’ (1969), Morte accidentale di un anarchico (1970) ‘Morte accidental dun anarquista’, Coppia aperta (‘Parella aberta’, (1983), ‘Lo zen o l’arte di scopare’ (‘El Zen o a arte de foder’).

En 2002 publicou a súa autobiografía ‘O país dos morcegos’. Nunha das súas últimas obras, L’anomalo bicefalo (2003), presenta un retrato irreverente e crítico do primeiro ministro italiano Silvio Berlusconi.

A Escola Superior de Artes Dramáticas de Galicia (ESADg) DE Vigo, foi crasa en 2005. E unha institución oficial e pública, comprometida co desenvolvemento do sistema cultural, escénico e teatral galego a través da formación que imparte e dos seus procesos de creación, investigación e difusión do coñecemento. Na súa oferta educativa inclúe as tres especialidades (Dirección escénica e dramaturxia, Escenografía e Interpretación), coas que tenta dar resposta á formación integral de profesionais que a sociedade actual demanda, fomentando a innovación e a mellora permanente.

O propósito da ESADg consiste en ofrecer unha educación teatral especializada e de calidade nas vertentes artística, humanística e científica, así como nas dimensións práctica, tecnolóxica e teórica, facilitando o tránsito á vida activa do seu alumnado e potenciando que manteñan no seu comportamento profesional e persoal unha actitude de colaboración e respecto ante os seus semellantes, así como ante o seu contorno sociocultural e o medio ambiente.

Morte accidentale di un anarchico (1970) ‘Morte accidental dun anarquista’ foi representada en galego pola compañía independente Talia, baixo a dirección de Cándido Pazó. En 2023 o texto orixinal italiano foi vertido ao galego pola tradutora María A. Seisdedos e publicado por editorial Galaxia.

Máis

Hora

25 xaneiro, 2024 20:00(GMT+02:00)

Localización

RioLagares

67PC+2F Vigo

Other Events