FAITE AMOVIDALOVER

23feb17:30Celebración do Día de RosalíaACTIVIDADES PARA O COCO | DE BALDE 17:30(GMT+01:00) C.S. A Revolta do Berbés

Detalles do eventos

O 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía, conmemorando o nacemento da célebre poeta galega Rosalía de Castro (1837-1885). Tanto ese mesmo día como en xornadas anteriores hai varias actividades programadas arredor da súa figura:

Sábado 21 ás 12:00 h desde a Oliveira: O historiador Xurxo Martínez González acompáñanos nun percorrido polo Casco Vello de Vigo onde descubriremos lugares e persoas relacionados coa vida e obra de Rosalía de Castro. O paseo comeza na Oliveira do Paseo de Afonso, e continúa no corazón do Berbés.

Domingo 22 ás 12:00 h no antigo centro de saúde de Teis: Actuará o grupo de gaitas da asociación e realizarase a lectura pública de textos de Rosalía de Castro. O acto tamén serve para reclamar a ansiada biblioteca para o barrio.

Luns 23 ás 17:30 h no CS A Revolta: Coorganizado pola AELG e pola Asociación Cultural O Castro, terá lugar a colocación da ofrenda floral na que foi a Imprenta de Juan Compañel (actual sede do CS A Revolta), así como a lectura do manifesto da AELG e de poemas de Rosalía.

Hora

23 febreiro, 2026 17:30(GMT+01:00)

Localización

C.S. A Revolta do Berbés

Rúa Real, 12 36202 Vigo Pontevedra

Other Events