29nov21:30LE PARODYCONCERTOS | Desde 9,00 €21:30(GMT+01:00) Radar Estudios
Detalles do eventos
LE PARODY é o proxecto musical de Sole Parody, cantante e compositora española que combina nas súas cancións pop escuro, folclores tribais, flamenco e electrónica de baile. Entre
Detalles do eventos
LE PARODY é o proxecto musical de Sole Parody, cantante e compositora española que combina nas súas cancións pop escuro, folclores tribais, flamenco e electrónica de baile. Entre o tecnolóxico e o melodramático, usando sílabas en castelán, estruturas sen refrán e só instrumentos que caiban nunha maleta de man, conecta cun sen fin de influencias difuminadas, desde os Andes ata a India pasando polos desertos do norte de África.
Fai cancións de amor e desamor, de revolucións, corpos, bailes. Cancións que “soan familiares” pero “non se parecen a nada”. A música que conecta os puntos entre Björk e Julieta Venegas. A que cabería no oco que separa unha verbena dunha rave.
Non menos singular ca as súas composicións é o seu formato de directo: Sole combina o manexo de sampler e pedais, mesturando en vivo as distintas capas de loops que compoñen as súas cancións, coa presenza dunha atípica cantautora folk, valéndose da voz e da electrónica para tecer melodías e ambientes que arrastran o público da escoita máis atenta ao baile. Do frío ao lume. Da casa ao descoñecido.
Hora
29 novembro, 2025 21:30(GMT+01:00)
Localización
Radar Estudios
Rúa Iglesias Esponda, 30, 36201 Vigo, Pontevedra



