REVISTA ABRIL

Este é un evento repetitivo

22dec19:30Lavadores canta o Nadal 2023AS NOSAS FESTAS | De balde19:30(GMT+01:00) Igrexa de Santa Cristina de Lavadores

Detalles do eventos

“Lavadores canta o Nadal 2023” é a proposta cultural que se vai a desenvolver en Sta. Cristina de Lavadores durante estas datas navideñas. Organizada pola Irmandade de Festas de Lavadores e por Acopovi, mailo patrocinio do Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra e diferentes marcas comerciais de Lavadores, quere impulsar as mellores tradicións da nosa terra galega e de Lavadores como son: os cantos de Nadal e as Panxoliñas.

A proposta cultural que fan é a seguinte:

O venres 22 de decembro actuarán ás 19:30 hrs. na igrexa de Sta. Cristina as Corais:  “Cantos de Liberdade” e “Lembranzas Galegas”.

A continuación a recoñecida soprano galega, Teresa Novoa, acompañada do Coro “Voces Graves de Vigo” dará  un pequeño recital de panxoliñas e estreará o “Alalá” que se cantaba dentro da Danza de Damas e Galáns de Lavadores, segundo a documentación musical recollida e entregada a esta Irmandade polo profesor de danza tradicional: Wenceslao Cabeza “Polo”. 

Esta Irmandade de Festas recuperou a danza gremial de Lavadores o pasado mes de xullo nas Festas Patronais de Sta. Cristina despois de máis de 90 años.

O venres 29 de decembro ás 19:30 hrs. actuarán a Coral de “Rivera Atienza” coa súa proposta de panxoliñas e farán a súa interpretación do “Alalá de Damas e Galáns de Lavadores”. De seguido o grupo folk vigués “Boínha” deleitaranos cunha escolma de panxoliñas galegas tocadas cun marcado estilo folk galego.

A interpretación do Alalá nos dous días se acompañará de músicos coma Chuco (tambor), Xulio Alberto (gaita) e Artur Puga (castañolas).

Máis

Hora

22 decembro, 2023 19:30(GMT+01:00)

Localización

Igrexa de Santa Cristina de Lavadores

Dirección: Rúa de Santa Cristina, 0, 36214 Vigo, Pontevedra

Other Events