LATEXOS – A Movida

novembro, 2018

29nov17:30LATEXOSINAUGURACIÓN EXPOSICIÓN | De balde17:30 Sede Afundación

Máis

Detalles do evento

A Sede Afundación de Vigo abre suas portas a “Latexos na Colección de Arte Afundación”, unha nova exposición que selecciona grandes obras da colección de arte, declarada BIC pola Xunta de Galicia. Pódese visitar todos os xoves, venres e sábados ata o mes de xuño.

A exposición bascula entre un punto de vista vencellado a historia da arte, donde se asoma a diferentes técnicas artísticas, estilos e conexións na historia. Permite recorrer Galicia ou viaxar polo mundo. Ademais pódese descubrir as reflexións que agochan as obras contemporáneas, todo isto sen esquecer o papel da muller como representada e como artista.

Desde que en 1975 empezou a andar a Colección de Arte Afundación, un dos alicerces inherentes a ela foi o compromiso coa sociedade galega, apoiando a construción dun patrimonio artístico diverso e transversal, e o achegamento deste ao público, con especial atención ao infantil.

A sinerxía común, que comeza naqueles anos de Transición, leva á vertebración dun tecido artístico que foi medrando ata custodiar hoxe en día máis de 5000 obras, personalizadas nas súas múltiples variantes estilísticas e técnicas, e nun abano cronolóxico que arranca no século XIX e chega ata a actualidade. Desde a primeira produción catalogada, unha escultura de Buciños, ata as últimas pezas de artistas emerxentes, a colección de Afundación aspirou a fomentar e divulgar o coñecemento da arte no noso país, un labor referendado no ano 2015 pola Xunta de Galicia que a declarou Ben de Interese Cultural.

Di o historiador E. H. Gombrich, citado pola asesora da mostra, Mercedes Rozas, que «cada xeración rebélase dalgún xeito contra os puntos de mira do seu país; cada obra de arte expresa a súa mensaxe á súa contemporaneidade non só polo que contén, senón polo que deixa de conter». As sucesivas xeracións de artistas que dan forma a esta colección materializan coas súas intervencións constantes cambios de actuación, tanto formais como conceptuais, que actualizan a esencia do pasado con procedementos e recursos do presente, pulsando así, creación a creación, o latexar duns fondos que seguen vivos segundo a sociedade o demanda. A exposición está composta por un total de 68 pezas que reflicten a evolución dunha das coleccións de arte galega máis importantes.

A mostra conta cun completo programa didáctico dirixido a escolares de todas as etapas educativas, desde infantil ata bacharelato e ciclos formativos, e no que están xa apuntadas máis de 2500 nenas e nenos. Para reservar unha visita, cómpre contactar a través do teléfono 986 12 90 32 ou ben a través do correo electrónico
areaeducativavigo@afundacion.org.

Hora

(Xoves) 17:30

Lugar

Sede Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 24-26, 36202 Vigo, Pontevedra

X